Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Candidatura completa de Ribadeo en Común (ReC), ordeada e con algún comentario


Adxúntase a nota de prensa que remata de liberar Ribadeo en Común:

A
plataforma veciñal “Ribadeo en Común” quere facer público o resultado
das eleccións primarias  que ven de celebrar na última semana e, polo
tanto, a lista de candidatas e candidatos aprobados pola asemblea e
ordenados seguindo un criterio de paridade  con lista cremalleira.


Así
mesmo, aproveitamos para agradecer unha vez mais á veciñanza a súa
participación nas primeiras eleccións primarias que se levan adiante en
Ribadeo.


Un
total de 182 persoas tiveron dereito a voto. O criterio para a
elaboración do censo de electores  era ter asinado o manifesto da
plataforma  ou entregado o tríptico pre-aval antes do 1 de abril (data
da apertura do prazo para presentarse como candidata), e os niveis de
participación e representatividade obtidos foron valorados pola asemblea
positivamente, tendo en conta as dificultades que levou consigo compartir as
tarefas deste proceso coa recollida de sinaturas para avalar a
agrupación.


Unha
comisión electoral e unha comisión de garantías, alleos á candidatura,
velaron polo cumprimento do regulamento e o desenvolvemento do proceso.

Candidatura veciñal de ReC ás Municipais 2015:

1. María Victoria López Louro.
2. Mario Penelo Riva.
3. María Novo Fernández.
4. Iván Rodríguez Lombardero.
5. Lidia Ares Taboada.
6. Evaristo Lombardero Rico.
7. María del Rocío Botana García.
8. Julio César González García.
9. Eva Paula Roca Posada.
10. Carlos Daniel Scavuzzo Mejías.
11. MªaríaJosé García Burgo.
12. Víctor Villar Caamaño.
13. María José López Martínez.
14. David Regueiro Rama.
15.María Ángeles Domínguez Barroso.
16. Héctor Peña Díaz
17. María Mar Orosa Pérez.

Suplentes.

1.Emilio García García

2.Elvira Rosa Posada García

3.María del Carmen Manzanal Gómez


Pronto recibiredes novas informacións da nosa alternativa. moitas gracias pola difusión.

Maví Louro, no centro, con Mario Penelo. Na outra beira do Marqués, Julio César González

Lista cremalleira con maioría de mulleres, conta co aval do pobo para a presentación ás municipais, dando indicación da súa representatividade. A lembrar que, con que Ribadeo tivera só 17 habitantes menos, o número de avais a presentar tería sido máis de 100, non máis de 500.

Máis de ReC.

Outras candidaturas:

PP

BNG

PSOE

… e máis:

Sobre as eleccións municipais 2015

Sobre as pasadas eleccións municipais de Ribadeo 2011

Vídeo da toma de posesión en 2011 

E máis sobre eleccións


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *