Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Pasou a eclipse


En Ribadeo pasou a eclipse ‘sen pena nin gloria’.Nin unha nin outra,porque non se viu. Os estratos de nubes sobre a vila, movidos por un zumbón vento nordés, só permitiron observar pouca luz: unha diminución lixeira ó comezo, pois o Sol aínda estaba baixo, e unha claridade máis aprezable despois, xa co Sol máis alto e coa mesma nubosidade.

A próxima eclipse de Sol en Ribadeo? En agosto de 2017, veremos unha minieclipse onde o Sol quedará reducido só un 12%.

As de Lúa, máis frecuentes, terémolas tamén máis preto: o 4 de abril haberá unha, pero non será visible dende as nosas casas. A que si será é a da madrugada do 28 de setembro, en seis meses. Total, como moitas das eclipses de Lúa. Unha animación dende https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/7/78/Animation_September_28_2015_lunar_eclipse_appearance.gif

Anterior: Preparación para esta eclipse de Sol

A eclipse de Sol de 2005

Posterior: http://www.gciencia.com/apod-galego/unha-eclipse-dobre-de-sol/ :


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *