Deixo hoxe varias fotos e un vídeo do Pozo Mouro, no rego Lexoso, preto de Remourelle, como aparece no mapa ó final. A zona xa a tratei tempo atrás cunha entrada de título ‘Ribadeo marabilloso‘, tamén con fotos e vídeo na que se pode comparar a fervenza con diferentes caudais.
A baixada dende a estrada volve a estar xa cunha certa cantidade de maleza, polo momento franqueable, aínda que as botas son aconsellables. A vista si que o é.