Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Sobre unha enquisa para as municipais de Ribadeo 2015


Atópome no ‘Mariña actual’ de xaneiro unha enquisa de cara ás municipais. Exténdese por varios concellos, e desgta, trae o correspondente a Ribadeo. A súa ficha di que foi telefónica, con 200 enquisas (1 persoa de cada 50, vamos) a maiores de 18 anos, polietápica e aleatoria con cotas por idade, xénero e situación laboral, do 27 de outubro ao 3 de novembro pasado (é dicir, hai dous meses e medio), e aprecia unha marxe de erro ‘na hipótese de mostraxe aleatoria sinxela’ cun nivel de confianza de 90%, ‘e no caso históricamente máis desfavorable (p=41%=1-q) o erro máximo admitido é +-5,65%’.

As táboas correspondentes ás gráficas do artigo serían:

Estimación de voto (% de voto válido):

BNG————— 60

PPdeG———– 27

PSdeG-PSOE— 8

Outros————- 2

En branco——- 3

Voto directo (% sobre censo):

BNG—————————————33,2

Non sabe——————————-17,8

Abstención/non censado—–17,6

Non responde————————-9,5

PPdeG————————————–9,0

PSdeG-PSOE—————————-4,2

UPRi—————————————–0,4

Outros————————————–0,0

Constitución da corporación nas eleccións 2015, con 17 concelleiros:

BNG————– 11

PPdeG———— 5

PSdeG-PSOE– 1

Valoración de líderes:

 (Candidato / coñecemento / valoración)

Fernando Suárez Barcia (BNG)————- / 95,0 % / 6,79

Eduardo Gutiérrez Fernández (PSdeG) / 73,0 % / 5,03

Jesús López Penabad (PPdeG)————— / 50,0 % / 4,92

Agustín Reimóndez Gancedo (UPRi)—– / 34,0 % / 4,55

Non me vou meter en como se fixo a enquisa e a dedución de resultados, que polas condicións coido que hai campo para facelo, pero si quero comentar algunha cousa.

A primeira é evidente: unha enquisa a sete meses das eleccións ten validez daquela, non a 4 meses.

A segunda, pola propia estratexia de Ribadeo en Común, está sen presentar a día de hoxe, e polo tanto, non entra nas enquisas do ano pasado, o que tamén parece evidente que trastocaría os resultados.

A terceira, ordenei as táboas de xeito diferente ó claśico (e a como fai a publicación citada) para facer patente que se ben a abstención nas municipais anda polo 25-30 %, aquí, xuntándolle os non censados, vai no 17,6 %, o que fai soar as alarmas sobre a validez do conxunto.

A máis do anterior, sumado abstención/ non censados, máis quen non sabe e quen non responde, poñémonos nun 45 % dos ‘votos directos sobre censo’, afondando máis as dúbidas.

De calquera xeito, non é novidade algunha cousa nos resultados. Por exemplo, o maior coñecemento que ten a xente do alcalde en relación a outros candidatos (por certo, que entendo que Eduardo Gutiérrez non se vai presentar polo PSdeG e UPRi dubidaría de que se presentara nas condicións actuais e a pesar do dito ‘históricamente’ por Tino). Ou a maior valoración que se lle da ó alcalde en relación ós outros, ó mesmo que os resultados do BNG fronte ós outros partidos da actual composición do concello.

Sobre as eleccións en ribadeando:

Serie ‘sen novidade na política ribadense

Eleccións http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/elecci%C3%B3ns

Política http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/pol%C3%ADtica

eleccións 2011 e máis http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/elecci%C3%B3ns%202011

Eleccións xerais 2011 e máis http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/elecci%C3%B3ns%20xerais%202011

Nota: corrixido dun erro notificado a traverso dun comentario privado sobre a afiliación de E. Gutiérrez nun dos parágrafos.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *