Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Concerto Aquí como en Viena, Ribadeo 20141228


Como é tradicional en Ribadeo dende hai dúas décadas no entorno de Nadal, celebrouse en Ribadeo o concerto Aquí como en Viena 2014. Embaixo queda, con gravación de móbil e sen os sombreiros ó Sinatra para New York, New York, nin as perrucas para emular a Abba en Grazas pola música ou Abba ouro, nin os cascos de bici e a entrada en patinete/símil bici de Cris e Carme e a súa interpretación co patinete da man… e por suposto sen o público que abarrotaba o Cine Teatro tapizando os corredores internos.

1. Entrada de músicos e presentación de Farruco Graña

2.Primeira parte do concerto

3.Segunda parte

Segundo Valse:

4.Vídeo do bis (Marcha Radetzky)

E unha fotiño…

… rematou ata o próximo ano.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *