Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Cambio de estación


Esta madrugada apreta o vento. Non tanto, ó fin. Outros días vai moito máis. De calquera o xeito, chama a atención ó espertar. Se onte ó comezar o día seguiramos ó vento, hoxe a estas horas poderiamos estar a catrocentos km de aquí…

O que leva a pensar que ‘agora si’ podémonos despedir da temperie suave da que viñemos gozando este ano (segue a ser o ano máis cálido do século en Ribadeo). Tanto que por fin comezaron a caer as follas como un outono normal, como se pode ver nestas fotos da entrada do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo:

 As camelias ós pés da árbore.

 As follas forman un tapiz mol e diverso baixo a protección das súas compaéiras aínda na árbore.

As cores contrastan co verde, co ceo, co fondo…


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *