Téñenseme pasado un par de notas de prensa de política local que axuto agora embaixo. Ambas afectan á plataforma ReC de xeito diferente. Na primeira, a plataforma da nova dos seus cargos para un período de tres meses, un paso máis dentro da súa rápida marcha na que está a traballar arreo para autoconstruírse como unha alternativa ó concello coa que haberá que contar no futuro. A segunda, do Círculo Podemos de Ribadeo, especificando a súa diferenza coa plataforma veciñal a traverso dun mecahisno sinxelo: polo momento non hai apoio de Podemos a ReC sinxelamente porque aínda nin foi pedido, e polo tanto, menos aínda, estudado. Outra cousa é que poda haber unha simpatía mutua, resultado de métodos e ideas que poden resultar confluíndo en moitas cousas.
Nota de prensa (ReC):
Nomeamento de responsables da Plataforma Ribadeo en Común
Ribadeo, 22 de novembro de 2014
Trala redacción e publicación do seu Manifesto, e o deseño da súa estrutura organizativa, na asemblea da Plataforma Cidadá Ribadeo en Común do pasado martes 18 de novembro tivo lugar a elección dos cargos da organización.
A elección realizouse por voto secreto entre todos os asinantes do manifesto, sen que ninguén se propuxese a priori para ningún dos postos.
O resultado foi o seguinte:
Coordinador: Mario Penelo
Secretario: Victor Villar
Tesoureiro: Evaristo Lombardero
Portavocías: Maica López e Iván Rodríguez
Comisión de garantías: Emilio García, Carmen Manzanal, Antonio Gregorio, Mavi Louro, Jon Urbieta.
Os cargos teñen unha duración dun trimestre, repetíndose o proceso ao cabo dese período.
Na mesma xuntanza se puxeron en marcha os grupos de traballo que se encargarán de deseñar a estratexia de comunicación, de artellar e promover o proceso participativo coa veciñanza e de debuxar o borrador de proposta programática que será presentado aos veciños para a súa modificación e enriquecemento.
NOTA DE PRENSA
20141121(Círculo Podemos Ribadeo)
O Círculo PODEMOS de Ribadeo, emite o presente comunicado para aclarar algúns comentarios e/ou rumores que poden confundir á opinión pública do concello de Ribadeo.
Ata a data de hoxe, o círculo PODEMOS de Ribadeo non apoia ningunha candidatura municipal nin lista electoral ó concello de Ribadeo, pois aínda ningunha plataforma cidadá nin de outro tipo se puxo en contacto co círculo PODEMOS de Ribadeo para explicar o seu programa nin solicitar o seu apoio.
Se nun futuro algunha candidatura ou plataforma así o fai, o círculo PODEMOS de Ribadeo estudará a proposta e tomará unha resolución ó respecto, comprometéndose a facer pública a súa decisión no menor tempo posible.
En Ribadeo, a 21 de Novembro de 2014
Prégase ós medios de comunicación que se queiran facer eco desta nota de prensa, a súa difusión literal, para evitar calquera tipo de dúbida ó respecto. Moitas grazas
Unha nota máis: o Manifesto de Ribadeo en Común é o primeiro comunicado do grupo, aínda que con anterioridade, escribiuse unha nota de chamada que está aquí, na que se expoñen algunhas cousas de xeito preliminar, xa superado polo proceso posterior.