Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Sen novidade na política ribadense (III)


Hoxe tampouco houbo novidade sobre o PSOE. Nas últimas eleccións municipais acadou a súa propia marca – chan de votos en Ribadeo, situándose ademáis na cola de entre as candidaturas, despois de ter ocupado a alcaldía dous mandatos antes. O logro foi debido a circunstancias que inclúen o liderazgo anterior e unha lista nova na que ía de cabeza un ex alcalde por outro partido. Eduardo Gutiérrez, o único que obtivo a acta de concelleiro, coido que tiña claro que se enfrontaba a unha situación atípica, pasando a facer no pleno de experto con certas ideas propias máis que de partido. E coido que, asumido que nada podía facer, e mesmo con algunha saída de tono puntual, mantivo unha liña así: propia, sen partido. Partido que non tiña detrás, en cambio con encontronazos, con novo líder en Ribadeo, en caída libre a nivel estatal, e sen resalte posterior e ata o momento, sen nada que faga supoñer un futuro moi diferente para a candidatura que virá para as próximas eleccións.

Os tres partidos vistos nesta serie ‘sen novidade ata o momento’ esixen unha separación e unha parada. Separación porque os outros grupos (plural) a analizar teñen unhas liñas básicas moi diferentes, con eles e entre si. E parada, para lembrar a situación de hai case catro anos e algo do desenvolvemento dende entón.

Sobre o tema de hai case catro anos, arredor das eleccións no blog deixei unha lista nutrida de artigos, dos que sinalo o grupo principal, ordeando as entradas de máis nova a máis vella:

http://ribadeando.blogspot.com.es/2011/05/unha-idea-de-o-teson-comunicado.html

http://ribadeando.blogspot.com.es/2011/05/15m-o-deportivo-mina-ria.html

http://ribadeando.blogspot.com.es/2011/05/pospolitica-como-politica-postelectoral.html

http://ribadeando.blogspot.com.es/2011/05/distribucion-de-votos-nas-parroquias.html

http://ribadeando.blogspot.com.es/2011/05/flecos-electorais-e-lista-de.html

http://ribadeando.blogspot.com.es/2011/05/non-sei-o-que-fixeches-pero-sei-o-que.html

http://ribadeando.blogspot.com.es/2011/05/resume-de-datos-e-algunha-cousa-mais-6.html

http://ribadeando.blogspot.com.es/2011/05/1045-maiorias-absoluta-do-bng.html

http://ribadeando.blogspot.com.es/2011/05/unha-tonteria-captura-dos-primeiros.html

http://ribadeando.blogspot.com.es/2011/05/para-ler-mentras-4-de-hoxe.html

http://ribadeando.blogspot.com.es/2011/05/previsions.html

http://ribadeando.blogspot.com.es/2011/05/unha-colaboracion-para-interpretar-os.html

http://ribadeando.blogspot.com.es/2011/05/unha-reflexion-para-xornada.html

Outras: UPRi, PP, PSOE, BNG, Ribadeo en común.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *