Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Facendo patria with a smile


Ás veces dame que somos tan ‘galegocentristas’ que non nos decatamos. Dígoo poucos días despois do da patria galega, e referíndome non só a xente dunha orientación política, senón tamén á xente que a combate. Onte mesmo, nos comentarios dunha partida de internet en liña cun xaponés (encontro de equipos entre Galicia e Xapón), tivemos o seguinte intercambio: 

-Siento preguntar, pero que es “Galicia”? ¿Es un idioma o una religión? Nunca he oído hablar de ello.
Galicia fue un reino antiguo (Portugal nació como una división de Galicia) y una región actual en el noroeste de España, con un idioma: Lengua Gallega, “padre” de la actual la Lengua Portuguesa. Si quieres saber más, pregúntame! 🙂
-Que interesante. Mencionaste el padre de la lengua portuguesa de hoy, por lo que es algo así como el mandarín chino y tradicional, donde se trata de dos lenguas en una sola?
, de hecho, es el mismo idioma, con algunas pequeñas diferencias

Aí estamos, polo momento. Pode ser difícil explicar a Galicia no exterior cando se ten como referencia á China…


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *