Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

“O de sempre”


Despois do accidente na A8 á altura de Mondoñedo, chegan as reflexións, que voltan a non deixar ben parados nin a técnicos nin a políticos. Nin tampouco ó protocolo de xestión e mantemento: segundo parece, media hora antes do accidente unha parella andaluza chamaba ó 112 para avisar e recomendar o peche do tramo. Din dende o 112 que se seguiu o protocolo. é dicir, o equivalente nos procesos normais ó movemento de papeleo, e listo. Listo e preparado para a desgraza.

Noutros casos o movemento de papeis como finalidade non produce perda de vidas humanas, pero non por iso deixa de ser o mesmo sistema e ter efectos nocivos aínda que afectando os resultados a outros campos, non á morte inmediata.

Esa falta de ‘eficacia’ implica unha corrupción do propio sistema que invalida as actuacións. Un sistema que vemos que ten fallos como os da A8 e outros menos chamativos, pero moito máis repetitivos, como os que se poden observar a nivel local, mesmo en Ribadeo: abonda ver a última nota de prensa de O Tesón.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *