Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Feira do libro en Ribadeo. 1ª edición 2ª época


A feira do libro foi inaugurada onte. Diante dun mural feito hai corenta anos e disposto para reivindicar a primeira época das feiras do libro de Ribadeo, daquela ‘Feira do libro galego’, foi inaugurada asistindo o Presidente da Federación de librerías de Galicia, a Concelleira de Cultura, Mari Luz Álvarez Lastra, o Vicepresidente da Deputación Provincial, Antón Veiga, a Delegada da Xunta, Raquel Arias, e a pregoeira e Presidente da asociación Paco Lanza, Dores Fernández Abel (a partir do minuto 16 do audio). O pregón, entre lembranza e reivindicación. As verbas precedentes, en sentido político e contradicíndose uns e outros ó ser de diferente signo: nada novo.

Boa tarde para algo que comezou pola mañá. Non demasiada xente na feira, pero si continuada. Música e presentacións constitúen o básico do cartel


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *