Aproveito para introducir a Feira do libro de Ribadeo, despois de 20 anos…
FEIRA
DO LIBRO DE RIBADEO
No parque San Francisco os días 17, 18, 19 e 20 co
seguinte horario: de 12 a
14.00 h e de 18.00 a
22.00 h.
Inaugúrase o xoves ás 20.30 h.
FEIRA DO LIBRO DE RIBADEO
DO 17 AO 20 DE XULLO
HORARIO
Mañás: 12.00 a 14.00 horas.
Tardes: 18.00 a 22.00 horas.
Día 17. Xoves
12.00 Apertura da feira.
13.00-14.00 Actividades de animación á lectura na sala de libro
infantil
19.00 Actividade infantil. Representación da obra “Contos
para un caldiño” do Grupo de teatro Baobab.
20.00 Inauguración da Feira do Libro
Actuación do grupo de clarinetes da Escola Municipal de Música de
Ribadeo.
Intervencións Institucionais.
Pregón inaugural a cargo da presidenta da Asociación Cultural
Francisco Lanza, Dores Fernández Abel.
Nova actuación do Grupo de Clarinetes da Escola Municipal de
Música.
Día 18. Venres.
13.00 Exhibición de danza a cargo do alumnado da
Escola Municipal de Música de Ribadeo.
18.00 Actividades de animación á
lectura na sala de libro infantil
19.00 El deporte y la Educación Física
son los mejores recursos naturales para el desarrollo integral de la
persona. Porque
solo la persona que tiene vida propia no necesita quitársela a nadie
para disfrutar la suya. Charla
coloquio dirigida por Juan Carlos Ferro.
20.00 Presentación do libro Sol de Medianoche, da
escritora Luz Pozo Garza.
Día 19. Sábado.
13.00 h Presentación de Caderno de viaxe. A Mariña,
con Luz Pozo e Eduardo Baamonde.
18.30 Presentación do álbum ilustrado 3, 2, 1… de
Pepablo Patiño e Dani Padrón, publicado por Edicións
Embora.
19.30 Presentación do libro disco Brinca vai! de Paco
Nogueiras, con ilustracións de David Pintor, publicado por
Kalandraka.
20.00 O escritor Henrique Dacosta asinará exemplares do seu
libro Entrada ao xardín do saber, na caseta da
Libraría Cartabón.
20.30 Presentación do cómic “Nordés”, a cargo de
Kike Díaz
Día 20. Domingo
12.00 Actividade matinal. Pasarrúas de Os Bolechas
13.00 O escritor e director xeral do grupo El Progreso, Xosé de
Cora, presenta a súa novela histórica La navaja inglesa,
publicada pola editorial Tropo. Ao remate do acto, o autor asinará
exemplares dos seus libros.
19.30 Presentación do libro Salseiros, do escritor e
actor Suso Lista, publicado por Edicións Embora.
20.30 Presentación do relato O monxe voador, de Farruco
Graña, pertencente á obra
colectiva Follas de Carballo, A.C. Lumieira.
21.00 O Grupo de Teatro da Asociación Cultural Francisco Lanza,
representará a obra “O cego”, de Daniel
Cortezón.
Na caseta da organización estará exposto material da A.C.
Francisco Lanza.
PARTICIPANTES
-
Libraría Gráficas
Santiago. Ribadeo. -
Libraría Pedreira.
Santiago. -
Gran Enciclopedia
Galega. -
Libraría Cartabón.
Vigo. -
Libraría Aenea.
Santiago. -
Libraría Vivín.
Ribadeo. -
Libraría Totem.
Lugo. -
Libraría Lector
Nóbel . Burela. -
A Serpe Edicións
Bibliofilia -
Libraía
Pícarosmundi. Ribadeo. -
Deputación
Provincial de Lugo.
—
—
Xunto cunha nota de prensa da presentación do ‘Caderno de Viaxe’:
NOTA
DE PRENSA
O
sábado 19 de xullo de 2014 verá a luz un CADERNO
DEVIAXE
co que a Asociación Cultural Casa das Letras trata de contribuir á
posta en valor dunha comarca que, polas súas características
culturais, históricas e naturais, a converten nunha das máis
emblemáticas de Galicia, o A
MARIÑA DE LUGO.
A
presentación deste novo caderno de viaxe terá lugar a partires das
13:00 h na Carpa Institucional da FEIRA DO LIBRO de Ribadeo.
Contaremos neste acto cos autores do texto e ilustracións, a
concelleira de cultura do Concello de Ribadeo e o Presidente da
Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense.
A
través de 60 acuarelas do pintor e ilustrador galego EduardoBaamonde
e un texto introductorio da poetisa e académica Luz
Pozo Garza,
pretendemos achegar aos mariñáns e visitantes o patrimonio (arte,
historia, etnografía, naturaza,….) más salientable do norte da
provincia de Lugo ,
A MARIÑA,
ao tempo que lle damos ao lector a posibilidade de plasmar no propio
caderno as impresións e sugerencias que lle provocan os lugares
escollidos polo ilustrador.
Foi
fundamental para poder levar adiante este proxecto a colaboración do
pintor e ilustrador galego EDUARDO BAAMONDE
(eduardobaamonde.blogspot.com), presente noutros proxectos que
tiñeron que ver coa comarca de A Mariña: Aventura
na Mariña, A Ruta Pardo de Cela, Caderno de Viaxe: Ribadeo e
Caderno de Viaxe: Camiño Norte.
Quixéramos
agradecer a inestimable colaboración da MANCOMUNIDADE DE
MUNICIPIOS DA MARIÑA LUCENSE neste proxecto editorial.
Este
CADERNO DE VIAXE é a continuación dun proxecto máis amplo,
iniciado co adicado a Ribadeo, que terá continuidade ao longo dos
vindeiros meses, e que permitirá acometer unha serie de
publicacións encamiñadas á promoción dos elementos patrimoniais
máis salientables de Ribadeo, A Mariña, Lugo e Galicia.
Pensamos
neste proxecto co convencimento de que, con iniciativas como esta,
axudamos a valorizar lugares e elementos patrimoniais que tiveron e
teñen un importante protagonismo na Historia de Galicia.
ASOCIACIÓN
CULTURAL CASA DAS LETRAS
RIBADEO
(LUGO)