(http://o-teson.blogspot.com.es/2014/07/de-ribadeo.html)
De Ribadeo
Festa
dos indianos. Éxito total, como se esperaba. Comezo oficioso da
época forte do verán ribadense, onde o tempo cambia de sentido.
Quizais
pois iso, porque o tempo cambia de sentido, é polo que ‘o concello’
aínda non nos contestou algunha pregunta que lle temos enviado
hai… pois dende o 4 de xuño, sobre unha ‘estrutura para terraza
que se asenta en vigas metidas no chan, a modo de baseamento dun
edificio’ en terreo público, aumentando espazo e fixando unha
concesión anterior removible de xeito doado. O obxectivo do escrito
era ‘coñecer o criterio que usou o concello para permitir a
destrución do xardín para meter no mesmo as vigas onde asenta da
estrutura de madeira (…) así como para permitir unha ampliación
do terreo adicado á terraza’. Xa dicimos, polo momento non hai
resposta, a pesar de que con anterioridade foi dado a coñecer o
feito nos medios e a raíz diso un partido político preguntou sobre
o tema en pleno.
Claro
que a resposta ó mellor se da no seguinte pleno; ó fin, en xullo
débese celebrar un pleno ordinario. O malo é que, como non se ten
idea de cando se pode celebrar un pleno, pois tampouco sería doado
coñecer a resposta. Unha pregunta para quen poda ler isto: cando foi
a última vez que te enteraches a tempo de que había un pleno e os
temas que se ían tratar? (non valen os monotemáticos anunciados a
bombo e platillo para tentar de que haxa xente que poda difundir as
bondades do tratado e aprobado sen oposición).
Ó
mellor resulta que nese pleno é cando se aproba por sorpresa un
regulamento de participación cidadá usable para que a xente podamos
participar, e entón a petición de información xa será moito máis
directa, e a resposta moito máis clara, ou mesmo non fará falta nin
pedir información debido á transparencia que se practicará. Soa
ben, e soñar non costa, pero, mentres, estamos a esperar. A esperar
información sobre cousas como son diversos temas en relación a
Viaqua/Aquagest.
Un
verquido? Si, saíu no xornal, pero a cousa non debe ir co concello,
senón coa empresa, con quen realiza o verquido, quizais coa entidade
autonómica que parece que revisou algo días despois… pero non co
concello, que ó fin, non ten nada que ver con Viaqua nin co
subministro de auga, non?
Será
por iso que cando no xornal saíu tamén a información do bo trato
que algún ‘técnico do concello’ lle concedía a Aquagest (dende
aquela cambiou o nome a Viaqua) e o xusto trato recíproco con que a
empresa tratou ós técnicos, o alcalde escudouse nun ‘typical
political Spanish’ do estilo ‘non me consta’, e solucionado, mesmo
aínda que aparecera nos datos xornalísticos que el fora invitado e
rexeitara a deferencia. Por certo, daquela o trato co concello non ía
de auga, senón de converter en rúa o que antes era unha estrada.
Tampouco
hai máis que falar se auga sabe a raios ou deixa a pel suave na
ducha, se a empresa di que os parámetros están ben, aínda que
alegue que a auga viña turbia. E que hai sobre os mesmos servizos ó
cidadán que presta Viaqua? Ó que parece, cada vez se poden
solucionar menos cousas en Ribadeo, perigando a mesma oficina e os
técnicos que están en Ribadeo o 100% do tempo. Ou sexa, o que
estamos a ver nas novas en relación a outras grandes empresas:
servizo privatizado sen control público. E o poder cidadán? Que é
iso?
Quedan
cousas no tinteiro. Aí está para amosalo o xúbilo de comezar as
obras da residencia xunto coa sorpresa de botar cascotes do derrubo
(e a terra da excavación) en Santa Cruz. Pero mentras, neste
acordeón de tempo que é o verán indiano, imos por outras cousas.
AVV O Tesón