Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Catedrais, Xunta, intereses, nova…


Onte o xornal despachábase coa nova de que a Xunta ía dispoñer este verán un plan de protección. Indo ó subtítulo, e logo ó corpo da nova, a cousa non é tan así. Resulta que a praia resulta superpoboada en numerosas ocasións no verán. Por exemplo, o día que se recolle nesta foto de hai xa cinco anos (e, dende aquela, non baixou o número de visitantes):

Voltando á nova comentada, emprega o futuro, ‘adoptará’ para dicir que fará a xunta este verán: adoptar medidas paliativas que serán substituídas por outras definitivas o próximo verano, tras ser encargada a súa redacción a unha empresa privada. Se nos fiamos da nova, será un ‘plan de protección’ ou un ‘plan integral de conservación’ (que de ambos xeitos se refire a el) baseado en ‘regular usos’ e ‘determinar aforo’. Por contra, as medidas que se anuncian como provisionais e avisables esta mesma fin de semana baséanse en ‘sinalización’, ‘delimitación de sendas peonís’ e ‘vixiar mellor os accesos’. Por certo, a Conselleira virá a facer o aviso das medidas ‘in situ’ (=de turista?)

A empresa privada chámame a atención. É necesaria? Vánselle poñer criterios ou vai coller os criterios propios dunha empresa privada? Canto se lle vai pagar?

Claro que tamén chama a atención que esperaran (a Xunta) anos para poñerse ó tema, onde ‘poñerse ó tema’ é decidir facer o encargo a unha empresa privada para que se poña ó tema.

Máis… estamos no verán, queda para darlle voltas descansando un pouquiño. Por exemplo, ordeando na cabeza cales poderán ser os obxectivos do plan ou os criterios.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *