Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

De pasada: Ribadeo/Galicia e China


Hoxe, con pouco tempo, vin no xornal algún dato con relación ás PAAU en Galicia, e lembrei algo lido hai tamén poucas horas en relación á selectividade na China. Así, que, comparando…

Galicia: 10 000 estudantes fan as probas.

China: 9 000 000 (=900xGalicia)

Poboación:

Galicia: 2 865 000 habitantes

China: 1 340 000 000 h (=467xGalicia)

Relación de estudantes que se presentan ás probas de acceso á universidade en Galicia en relación á poboación: 0,35%

En China: 0,67%

É certo que a poboación de China e de Galicia teñen unha diferente estrutura da pirámide de poboación, pero é que case se presenta unha porcentaxe dobre en China!

Por estes lares aproban en xuño preto do 90%. Na China, cousa dun 70%.

En China chegan a cortar o tráfico para facilitar o acceso ás probas…

En Galicia estanse a preparar os locais nocturnos para a fin de semana posterior…

Falaramos nalgún momento de que o futuro está na economía do coñecemento e a relación? (e é que na China fabrícase boa parte dos ‘aparellos de relación’ -pc, móbiles, tabletas, etc- actuais)

O futuro parece estar xa sentíndose hoxe.

— Unha nota: non puiden comprobar os datos sobre a selectividade na China que lembro ter visto nun medio —


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *