Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ánimo


Onte houbo un accidente en Ribadeo. O venres, a presentación na Casa das letras do libro ‘Pegadas na historia de Ribadeo’, que espero colgar pronto en internet des pois de ter o permiso do seu autor dende a presentación no IES de Ribadeo. Cousa máis ou menos normais nun lugar como Ribadeo.

Falaba hai poucos días da apertura dunha pastelería (algo que aínda non se produxo, pero que está a punto), e onte abriuse unha nova tenda ó comezo da rúa de Rosalía de Castro, Sanjurjo Moda, que promete contribuír a paliar a desparición hai xa anos de ‘Almacenes la Innovación’. O mesmo que a ‘Confitería La Alianza’, esta tenda ten orixe fóra, neste caso, Vilalba, pero neste caso non se trata dun traslado, senón dunha sucursal. De calquera xeito, máis actividade para Ribadeo, escollido porque se lle suón ter máis futuro que outros pobos próximos.

O comercio sempre foi fonte de ingresos, e o comercio de Ribadeo segue a atraer a forasteiros e forasteiras que alimentan a economía local, fonte de ingresos principal. Mirado en conxunto, calquera sociedade comercia sen exportar, está repartindo a súa riqueza polo exterior. En Ribadeo, eses forasteiros e forasteiras  que chegan representan a nosa exportación, pero sen un plan para Ribadeo (e que eu saiba, por exemplo no PXOM non se definiu o Ribadeo que queremos) quedaremos cautivos dun sistema que non nos estamos preparando para controlar e que non sabemos cambiar. Polo momento, somos cautivos.

Comezo de semana. Un novo comercio. Ánimo.

Aro da vella sobre Ribadeo, a semana pasada.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *