Con tardanza me entero de que o IES de Ribadeo, creado a comezos do curso pasado, xa ten oficialmente o novo nome: Instituto de Educación Secundaria de Ribadeo Dionisio Gamallo. Adxunto deixo a copia da resolución e a ligazón ao DOG do 7 de febreiro de 2014 onde sae publicada (e en Publicado en Ribadeo):
”
III. Outras disposicións
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ORDE do 27 de xaneiro de 2014 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria de Ribadeo.
De conformidade co previsto no artigo
3.1 e 2 do Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria,
aprobado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto), por
proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
DISPOÑO:
Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:
Provincia: Lugo.
Concello: Ribadeo.
Código: 27020902.
Denominación actual: Instituto de Educación Secundaria de Ribadeo.
Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria de Ribadeo Dionisio Gamallo.
Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2014
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
“