Copio e pego algo de Ribadeo.org, non sen antes lamentar que o alcalde, que foi o xestor da corrección, non lembrara que houbo asociacións que comezaron co tema.’ De xeito separado, máis adiante, prometo unha pequena reflexión.
XA FOI SOLUCIONADO O ERRO NO FACEBOOK
Ribadeo está en Galicia
07/03/2014
Ribadeo xa está en Galicia no facebook. Esta
rede situaba este concello na veciña Asturias, cuestión que orixinou
moitas queixas dos usuarios de facebook. O Concello de Ribadeo púxose en
contacto coa empresa e finalmente Ribadeo está onde ten que estar, que é
en Galicia. O alcalde, Fernando Suárez, agradece a labor realizada por
Víctor Calvo-Sotelo.
O rexedor lembrou que “moita xente de Ribadeo que está nas redes
sociais, concretamente no facebook, dende hai moito tempo transmitíanos
queixas de que Ribadeo sempre se situaba en Asturias e iso non é así
porque está en Galicia. Por iso temos feito xestións durante un tempo e
agora finalmente facebook accedeu, comunicáronse connosco para dicir que
iso fora un erro e que estaba resolto”.
Fernando Suárez explicou
que “automaticamente se cambia para todos aqueles que tiñan Ribadeo
(Asturias) e a partir de agora figura Ribadeo (Galicia). Polo tanto
quero tamén valorar publicamente o xeito de facilitar o contacto que
tivo Víctor Calvo-Sotelo, que é o secretario xeral de Telecomunicacións
do Ministerio de Fomento, e como ribadense de adopción foi sensible a
esta cuestión que lle formulamos e botounos unha man no sentido de
mediar para que contactásemos nós directamente con facebook para que
puideran resolver esta incidencia de tal maneira que Ribadeo está onde
sempre estivo, que é en Galicia. E todos os veciños de Ribadeo poderán
nas súas páxinas de facebook identificarse como tal”.’