Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

De gatos, cactus, sombras, …


Onte, ó pouco de enterarme dunha nova compra de Paisajes de Asturias , -relacionada polo que parece co grupo Capio, á súa volta, relacionado con abondas adxudicacións hospitalarias en Madrid e con cabeza visible en Victor Madera Núñez– en Ribadeo (a do Cine Colón), volvín pasando polo frente doutra das súas propiedades, a Casa dos Perecitos, e atopeime, xunto coas obras, un gato ocupa./// Nota (2016): Grupo Capio = IDC Sanidad = Clínicas Quirón ///

Paisajes de Asturias xa mereceu a atención do blog algunha vez. Agora sinalo na foto aérea as súas propiedades ribadenses (superior esquerda, casa dos Perecitos; embaixo, Torre dos Moreno; parte centro dereita, cine), cunha aclaración: os límites das propiedades nas hortas traseiras non os coñezo, aínda que teña razóns para pensar que son os marcados.

Seguindo a pasear por Ribadeo, pódense atopar outras cousas, como un cactus en Vilaselán que hai un par de anos daba por morto, despois de acadar un desenvolvemento grande. Agora, voltou a rexurdir.

O Cactus está situado no punto vermello…

Por último, unha sombra á luz da mañá.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *