Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Unha reseña dunha charla interesante: Economía, crise, sociedade …


AVV O Tesón

Nota de
prensa

Ciclo de
charlas

Crise,
economía e falsos dogmas”

Ribadeo, 20131011

Onte
tivo lugar a segunda das charlas sobre Crise, economía e falsos
dogmas organizadas pola AVV O Tesón. Foi a cargo de José Ángel
Bolaño Penelo, quen despois de marcar cales ían ser os pasos
durante a súa intervención, abordou abordou a crise referíndose ós
capítulos correspondentes do libriño ‘Manifesto de economistas
aterrados’.

Na
charla, desenvolta no Salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo e
seguida por trinta persoas, produxéronse ademáis interesantes
intervencións do público, motivadas pola nídia disección da crise
feita polo conferenciante.

Tras
comezar coa pregunta ‘medidas de austeridade: baseadas en evidencias
ou en dogmas?’, respondeu á mesma abordando a resposta a traverso
dunha liña histórica, outra comparada e outra teórica, e incidindo
na sociedade actual e os efectos que sofre. A ligazón de datos como
que no 2009 1/8 da poboación residente de xeito legal en España
fora de orixe emigrante e a súa aportación en 1/3 ó aumento do PIB
-algo demostrado polos números- ou o travase de débeda privada a
débeda pública e o conseguinte aumento dista debido ó mesmo xunto
coa inversión en mecanismos automáticos de equilibrio -acompañados
dunha diminución de ingresos por rebaixas fiscais- foi abordada como
integrante da primeira parte da crise. De xeito parello, na segunda
parte, foi destacada a incidencia da asuteridade en magnitudes
económicas como o desemprego ou o desequilibrio fiscal, así como
outros feitos como os ‘brotes verdes’ citados no 2011 e a súa
realidade. O remate foi posto despois dunha cita que sinala que non é
que gastáramos por riba das nosas posibilidades, senón que
ganábamos por baixo das nosas necesidades despois de anos de
baixadas do que significa as rendas no conxunto de rendas, sen medrar
os salarios reais nin en època de bonanza.

No debate posterior, ó
tempo que se reafirmaban afirmacións da charla como a relación
desequilibrio de gasto público e axudas á banca, xurdiron outros
temas como a organización do poder do capital fronte á
desorganización social, ou que as ‘posibilidades’ (en relación á
frase ‘gastar por riba das nosas posibilidades’) poden ser postas, e
sóno, de xeito externo. Asemade, lembrouse que en cada
punto/capítulo do manifesto que se emprega como fío condutor
aparecen alternativas ó que se está a facer na actualidade, habendo
polo tanto, alternativas aínda que se insista dende hai tempo en que
non as hai.

Adxúntanse
dúas fotos.

A próxima charla da
serie será o venres 18 de outubro, no mesmo lugar e hora, a cargo de
María Jesús Fernández Fernández


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *