Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Unha finde diferente


Onte o Ribadeo FC cumpriu 100 anos. Coido que é unha nova etapa para un clube en forma. Celebracións, si, pero as xustas nunha é poca de crise e cun equipo que coido valora o esforzo actual máis que o recrearse nun pasado por bo que sexa. Sen esquecer o pasado, claro.

Iso, non esquecer o pasado, é o que fai que hoxe se celebre o día da Galiza Mártir. Os represaliados ribadenses recibirán unha homenaxe ás 12 no Cantón.

Mentras, o Sol xa siu e promete un día buscando sombra.

Despois da chamada virxe de agosto e o San Roque, un domingo para rematar unha finde con bo tempo na que se comezan a despedir os primeiros veraneantes…


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *