Onte foi a presentación, no local de asociacións da rua dos Fornos, do cartaz ‘ría de Ribadeo’, a última (polo momento) publicación da AVV O Tesón. Deixo a ligazón ó ficheiro de presentación que colguei en internet. Falamos Pancho Campos, que fixo un repaso de feitos históricos e actuais en relación á ría, e eu, que pedín un paréntese de lembranza nos datos recibidos de Pancho e tentei de amosar sentimentos en relación á ría e o por que da publicación. Por un ‘fallo técnico’ non tivemos proxector de diapositivas, co que a presentación preparada quedou só como un mero apoio. De calquera xeito, coido que é doado de ver como foi este segundo apartado pola copia da pequena presentación informática que remato de colgar en internet.
Vista parcial nun momento da presentación |