Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Os irmandiños e outras cooperativas máis abertas


Os irmandiños poden referirse a un movemento social antigo, unha fraternidade política ‘nova’ ou … unha sociedade cooperativa ribadense (web da tenda por estar ‘en obras’ a portada).

Ista SCG (Soc. Coop. Galega) está ubicada en A Devesa, aínda que ten un centro de alimentación de vacuno (cavi, centro de alimentación de vacuno irmandiños) en Vilamartín (Barreiros). aínda que a descrición no sitio de entrada actual é pequena, naceu dunha agrupación gandeira e hoxe está diversificada cara a alimentación, subministros ós gandeiros e subministro xeral. Participou xa nalgún concurso eólico (non lle seguín a pista) a reamta de aparecer nos xornoais que este ano facturarán máis de 35 M€. 85 postos de traballo directos certifican a poxuanza da entidade, unha cooperativa dun certo estilo que marca as posibilidades da acción común cando a xente nos asociamos e remamos xuntos nunha dirección.

En Ribadeo xa deixei escrito noutro lugar que está nacendo outro movemento cooperativo de base, ben diferente pero que estimo de futuro tamén prometedor ó seu estilo, o ‘Formigueiro Ribadeo. Cooperación e solidaridade‘. Unha organización que está a invitar a quenqueira a pasar a tarde do venres xuntos na súa sé, traballando algo e desfrutando despois, con incorporación a gusto do/da participante. Evidentemente, algo diferente ós Irmandiños. Copio o que hoxe mesmo ten aparecido no seu muro de facebook:

Despois
da asamblea pasada seguimos traballando , e aquí vos vai a invitación a
que participedes nesta xornada que será mañá venres 19/7/2013.

Tiñamos pensado facer proxeccións de documentais e/ou películas con un
coloquio a posteriori. Os traballos na horta agora son moitos durante
todo o verán. Polo que pensamos mixturar e unha vez a semana, os venres a
tarde organizar quedadas nas que fagamos traballos urxentes na horta e
despois compartamos unha merenda cea con productos da horta e logo o
visionado dun audiovisual nos xardíns da casa do bispo.

Asi que vos animo a que mañá nos xuntemos e formiguear ( sachar,sudar,
sorrir, asemblear,saborear os productos da nosa terra…. ).

Dicir que cadaquen se pode unir a xornada no momento en que lle apereza ou teña disponibilidade.

Estaría ben saber os que imos a ser para organizar o da merendola , no
formigueiro temos patacas novas para unha tortilla e para ensalada, ,
organizarnos para levar se me ocurre (pan, ovos,…)…

Mañá
podemos facer unha posta en común e entre todas mirar como organizar as
próximas xornadas… esto foi algo asi moi rápido…

Xornada

de

“portas abertas”

no formigueiro

VENRES 19 /7/2013:

*17,00-19,00H. Traballos urxentes na horta

*19,00-21,00H. Cea compartida con productos da horta

*21,00H.Proxección documental FOOD INC nos xardíns do formigueiro

En fin, un mundo novo que está a nacer pouco a pouco diante dos nosos fuciños e no que ás veces, mesmo participamos, quizáis como adianto ó que no futuro pode ser algo máis normal que o que é agora.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *