AVV O Tesón
Nota de
prensa
Ribadeo, 20130714
A
AVV O Tesón ten rematada xa unha nova actividade cultural. O próximo
luns 22 de xullo, ás 20:00 no Local de Asociacións do Lavadoiro
da Rúa dos Fornos de Ribadeo será presentado o documento ‘Ria de
Ribadeo’.
Cada
unidade de ‘Ría de Ribadeo’ consiste nun cartaz coa reprodución de
10 cartas e planos da ría, xunto cunha introdución e dous
documentos anexos.
As
cartas levan datas dende mediados do século XIX (cando comeza a
maior expansión da actividade portuaria de Ribadeo) en diante, ata a
construción do ferrocarril de Vilaoudriz. Son reproducidas en formato
A3 en papel nobre, levando por tras unha trascrición (completa ou
parcial, segundo o caso) dos datos que aparecen como definitorios da
carta. Mesmo nun caso aparece transcrita unha relación das
indicacións de 150 puntos marcados na carta que, por seren con letra
antiga, non son doados de interpretar.
Xunto
coas cartas, preséntase un texto introdutorio en formato A4 e
reproducido castelán, francés e inglés, a máis de en galego.
Acompaña a este texto a reprodución de dous documentos máis: o
“Informe sobre la decisión adoptada por la Comisión Especializada
de Nombres Geográficos, del Consejo Superior Geográfico, con
relación al topónimo ‘Ría de Ribadeo‘”, e máis o texto
no BOE do R.D. 591/2002, polo que se concede o título de ‘Marqués
de la ría de Ribadeo’ a Calvo-Sotelo.
A
tirada é de 250 exemplares. As unidades distribuiranse a 10 € para
os socios na mesma presentación, e a partir do luns, calquera poderá
recollelas nas librerías a cambio de 15 €.
Notas:
Indicacións para chegar ó local de xuntanza, o Lavadorio da r/Fornos.
Un dos mapas reproducidos, de 1787 |