17 de maio, día das letras galegas. 16 de maio, aparecen na rotonda no instituto as pintadas que se ven nas fotos (xa non están)
17 de maio, en Vilalba: “Ola. Entrei porque coido que había un acto aquí, non? -Si, acaba de terminar.
– Era unha actuación da banda?
– No, actuaba un grupo y leían poesía.” Mellor, non continúo a cita.
As respostas corresponden á única persoa que había no auditorio despois do acto de celebración do día das letras galegas.
Onte recibín un comentario sobre o nome da ría de Ribadeo. Está na entrada anterior. Non contestei pero non deixou de chamarme a atención: comeza exhortando a non perder o tempo coa ‘chorrada’ do nome para pasar a chamarlle un nome concreto. E di que non xera riqueza nin da de comer. Facendo un pouco o bruto, algo que alguén poderá considerar un exabrupto: xera riqueza (económica, a que se refire) ou da de comer o coidar ós anciáns? Agora que tanto se fala da ‘marca España’, pódese considerar un cambio de nome? Non quero extenderme, pero os nomes, as denominacións, de sempre, foron algo máis que unha verba sen importancia.