-
Quizáis, nostalxia. Quizáis, só historia. Unha foto do ascensor da ribadense Torre dos Moreno.
Remato de rescatar do arquivo unha foto do 2005 do ascensor da Torre dos Moreno, onde se ve o estado de conservación xa daquela do interior do edificio, con cascotes mesmo despois de ser reforzado.
-
Resemanita santa
Vexo as fotos da semana santa infantil de Viveiro e lémbrame o antroido. Si, debe ser curioso ver os cativiños pequenos facendo de maiores, xogando a selo, nunha mistura de disfraz de antroido e arte sacro corrupto, convertido ó paganismo. Será porque non o entendo, pero diría que se a igrexa católica, esa estrutura temporal…
-
Disquisicións de mañá
A estas horas da mañá, o vento zoando anuncia outro día desapacible, concordando non só coa negrura que se observa, e polo tanto, coas nubes que invisibilizan as estrelas, senón tamén co termómetro na zona fría e cos prognósticos feitos estes útlimos días e aventados nos medios. Frío, vento, choiva, acompañarán de novo o decorrer…
-
De chiquillada, nada
Onte produciuse a imputación da infanta no caso Nóos. Hoxe aparece na prensa como nova de ribadeo a falsificación dun documento oficial dunha rapaza no CIFP (Centro Integrado de Formación Profesional). Os casos non parecen ter moito en común, pero teñen certos aspectos que serven de comparación. O primeiro, o impacto mediático. Está claro que…
-
O inmediato e o contínuo
De sempre, hai unha loita entre o inmediato e o contínuo. A importanica de ambos balancea ora cara a un tipo, ora cara o outro. Recién rematada a semana santa (ou Semana Santa) quedan as noticias da choiva (como eu mesmo, onte), da ocupación hostaleira satisfactoria, da pegada importante das catedrais, e, como é costume…
-
O valor dunha gráfica: chove en Ribadeo
Ás veces, din, unha imaxe é moito máis explícita que mil palabras. A gráfica de hoxe podería ser un exemplo. Coido que é abondo ilustrativa por si soa, pero por se acaso, representa a choiva caída ó longo do ano en cada ano dos que levamos do século. A liña máis grosa representa ó ano…
