O sábado estiven participando nos dez anos da Galipedia, que ademáis, estiveron acompañados da chegada ós 100 000 artigos. Foi un acto proveitoso para os asistentes (entendo que poucos para o que se celebraba), e para min algo máis (aquí, o borrador orientativo para a miña charla; os vídeos de todos, pronto estarán colgados). O domingo pasei un momento por Gráficas Santiago para felicitar, ó tempo que exercía o que ven sendo un ritual de domingo para min. Cinco décadas de exercicio e servizo son abondos, o que non impide aquel desexo de ‘mil primaveiras máis’. Deixo o cartel de conmemoración que se pode ver en facebook: