Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Actos do día internacional da muller. Copia do difundido a traverso da lista de correo de cultura do concello


O vindeiro venres  conmemórase o 8 de marzo, “ Día Internacional das Mulleres” e   nos gustaríanos contar coa túa presenza nesta data especial para as mulleres.

 

Convidámoste a asisitir aos diferentes actos  que terán lugar o propio 8 de marzo :

 

Inauguración das rúas adicadas á mulleres significativas e a datas simbólicas:

§  19.00h- Inauguración á Manuela Barreiro Pico, a primeira farmaceútica de Ribadeo. A rúa é a que se encontra no Camiño dos galos, da EOI á Autovía.

§  19.20h- Inauguración da rúa Sor Pilar de León, sita na vía traseira do Colexio Sagrado Corazón de Xesús.

§  19.40h- Inauguración da rúa Meniñas da Saudade, o primeiro grupo de gaiteras en Galiza e en todo o Estado español. A rúa vai ser a Travesía Vilaselán á Terragrande.

§  20.00h- Inauguración da Praza 8 de marzo, efeméride que conmemora o Día internacional das Mulleres. Esta praza será a que está detrás do cine Teatro.

Na
inauguración de todas os espazos adicados ás mulleres contárase cunha
actuación da Escola de Música e Danza de Ribadeo e haberá un acto formal
para o descubrimento da praca  coa presenza do alcade e membros da
Corporación Municipal.

 

A continuación, ás 20.30h  terá lugar unha actuación no Teatro a cargo da formación “ Irimia Cantareiras”


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *