Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Non hai contedores de lixo (con comida) abondos?


Iso é o que se prantexa un comentarista ante a nova “Báñez prevé que España perderá un millón de habitantes por la emigración en la próxima década“.

Ante a situación poboacional galega, teño deixado xa máis dunha entrada. Neste cso, déixoa ante a situación xeral española, cun agravante: se ben xa non estaba boiante antes da crise, pois non se achegaba á taxa de reposición dende facía un par de décadas por cuestión social (incluída a mentalidade de desfrute do momento, pero tamén as condicións laborais e a falta de axuda á familia), a crise veu empeorar a situación, incluíndo ademáis unha taxa de emigración que a ministra prevé, despois da sangría destes últimos anos, que acade 1,5 M no que resta de década, en xeral de xente formada, prevendo asemade que entrará 0,5 M de emigrantes, en xeral xente con menor formación. Iso da unha taxa próxima ós 200 000 emigrados anuais os anos vindeiros. Capital humano que se desperdicia, xunto con familias que se ven forzadas a disgregarse.

Parece que non hai problema: a concentración de cartos e poder seguirá, e con iso, chega. Todo indica que aínda que con formulación lixeiramente diferente para tranquilizar conciencias, os directores do estado así o pensan.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *