Venres recibín unha chamada de metroscopia. Unha enquisa que dixeron de cinco minutos e convertiuse e ‘de dez’ polo cronómetro do aparello. O motivo, en torno á política, estaba en clave das eleccións galegas. Ata aí, todo máis ou menos ‘tipico’.
O que xa non me pareceu tan típico foron as preguntas, que deixaban reducido o espectro político a dous partidos e medio, pois despois de comezar coa dicotomía PP/PSOE de xeito exclusivo, facía partícipe ó BNG, e punto. Asemade, se se indicaba por exemplo que os criterios de definición propia do PSOE estaban á dereita, a entrevistadora facíao notar: ‘pero esa puntuación es de derechas’ … coa resposta ‘si, ya lo sé’ e un momento de silencio ó outro extremo da liña. Ou como ter que deletrear as siglas dalgunha formación como posible destinataria dos votos.
Certamente, resultoume untra entrevista moi didáctica. Coido que aprendín eu máis da entrevista que o que van sacar dos datos das miñas respostas …
Ah! E en cousa dunha hora, acto político do BNG en plena rúa peonil para explicar a candidatura. Nos carteis non aparece que vaia a falar o alcalde, senón só un concelleiro, representante organizativo do BNG ribadense, e unha candidata.