Esta tempada é boa para observar os tesóns, con mareas baixas das máis baixas do ano. Onte mesmo tomei as fots de abaixo e algunha observación máis, como a profundidade en baixa dos dous puntos marcados no mapa do sigpac perto do peirao de Mirasol, en situación aproximada (quizáis o punto negro debera estar lixeiramente máis ó centro da ría…). Nestes puntos, a profundidade en marea baixa era de 70 cm no negro e 1,4 m no vermello. Así chama a atención que non aparezan reseñados nin o tesón de Castropol, nin o de Mirasol nin o da Vilavella, aínda que si o é o das Figueiras. Do de Mirasol e a Vilavella dan fe as fotos de embaixo, en series de tres tomadas dende o mesmo lugar do parque do mineral (con diferentes inclinacións) ó tesón de Mirasol, a lingua entre ambos e o da Vilavella, aproximadamente unha hora antes da marea baixa e na mesma marea baixa. Na marea baixa a lingua era de aproximadamente 50 m, semellante ás medidas tomadas o pasado ano, e a súa posición prácticamente coincidía coa división administrativa (que non centro) da ría.
Como engadido, na versión de sigpac da que tomei o mapa, nova destes días, aparece a ría de Ribadeo cunha liña divisoria administrativa e dous nomes, un a cada beira da liña … A lembrar que o SIGPAC é posto a disposicón por unha institución oficial.