1 de agosto de 2012. Amanece con nubes, mentras as gaivotas graznan e o vento trae sons diversos, tamén do mar. Os faros xa apagaron a súa luz na ría de Ribadeo. Onte, unha posta de Sol nunha tarde agradable. Cara ó faro, o solpór iluminaba en vermello o promontorio de S. Cibrao, deixando a unha e outra beira unha zona que se ía cubrindo na penumbra entre nubes. O faro da Illa Pancha comezou a súa andaina nouturna. O resto dos faros da ría tardaron en seguilo. Primeiro, na enseada de Arnao, despois, na Ponte dos Santos, … ata quedar sinalada puntualmente no espazo e no tempo toda a posible aproximación dende alta mar ata os portos da ría.
O primeiro saínte á esquerda, a Ínsua. O fondo, S. Cibrao como punto máis saínte na costa, e iluminado polos últimos raios de sol entre o cúmulo de nubes.
O faro das Carrallas, na ría de Ribadeo, en marea baixa (onte pola tarde). Ó fondo, a beira asturiana da ría,
Secuencia de luz do faro da illa Pancha.
Secuencia de luz do faro entrada-esquerda da Ponte dos Santos.
Secuencia de luz dos faros da entrada do porto deportivo de Ribadeo. A súa potencia entre tanta iluminación é pequena, por iso achego despois a imaxe.