Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Arredor da ría de Ribadeo


Onte, tarde de domingo, para desfrutar, a ría á beira, calma -alomenos a relativa que se pode atopar no verán-, bó tempo, e nas mans, un libro que merquei por novo e atópome que ten 13 anos. Sabía que o contido os tiña, pero non o esperaba da edición: os ‘discursos de Estocolmo’ de José Saramago.

Cargo os sons anteriores, tomados na beira asturiana da ría, e atópome con que me di que ‘podo cargar a letra agora, se quero’. Collo un parágrafo do curto libro, unha volta pasado ó galego dende o portugués (no que recomendo que se lea; se se sabe en castelán e en galego, non ha dificultade que sobrepase o atractivo do escrito orixinal. Aquí póñoo en galego por mor da présa e non cometer máis erros dos que xa vos teño afeitos ó escribir):

‘Viñeron despois os homes e mulleres do Alentexo, aquel amesma irmandade de condenados da terra á que pertenceran o meu avó Xerónimo e a miña avoa Xosefa,campesiños rudo obrigados a alugar a forza dos brzos a troco dun salario e de condicións de traballo que só merecerían o nome de infames, cbrando por menos que nada a vida á que os seres cultos e civilizados que nos prezamos de ser apreciamos chamar, segundo as ocasións, preciosa, sagrada ou sublime. Xente popular que coñecín, enganada por unha Igrexa tan cómplice como beneficiaria do poder do Estado e dos terratenentes latifundistas, xente permanentemente vixiada pola policía, xente, tantas e tantas veces, vítima inocente das arbitrariedades dunha xustiza falsa.’

E claro, despois, falta unha visual:

A mesma foto que carguei para ilustrar a entrada do Forte de San Damián na Galipedia (a mellorar aínda, para o que convido a quen queira)


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *