Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Era un parque infantil


Era. Estaba nun extremo da Vía Troncal, cando chegaba ó Xardín, preto da Casa do Óptico. Din que os nenos choraron ó velo. Sucedeu a primeira hora da noite do sábado. Parece que están investigando, pero despois de estar alí, coido que a cousa comezou polo tobogán de fibra e transmitiuse á caseta de madeira e máis ó chan almofado para que os nenos non se manquen.

Facía dano o parque? O día anterior pasara cabo del dando unha volta, e non parecía que os cativos alí divertíndose fixeran dano tampouco.

Xa non. Xa non está. Onte retiraron os restos pouco despois de facer a foto. Queda só a marca do chan  queimado e da herba afectada tamén por ter riba dela un corpo queimándose.

Rememoro o cargadoiro destruído non seus apliques. Alí segue sen amañar. Mesmo coa varanda en condicións perigosas. Son dous casos diferentes, pero en ambos o resultado é un destrozo gratuíto. Algo que significa que a sociedade en conxunto non vai na mesma dirección. Podería ser bo non ir na mesma dirección se fora discutindo, razonando, facéndoo de xeito colaborativo para crear unha diversidade. De xeito destrutivo, non, non é bo…

Por certo, tamén voltou haber queima de contedores. Como xa case ‘estamos afeitos’, non é tanta novidade …


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *