Onte, á tardiña, en Ribadeo, desfrutábase con vivir. Prima de risco? Dívar? Bankia? Latrocinio legal? Mellor a esperanza dun futuro mellor, máis en convivencia coa natureza, as protestas firmes, mantidas, pero lúdicas, imaxinativas, con futuro, as novas mañás (como a de hoxe) cun ceo que podes comer sen atragantarte, un decrecemento mantible, …
A vida continúa, e sabemos que non vai ser o segundo sen algo do primeiro, pero hai que loitar para que nun futuro próximo todas esas cousas que nos teñen atenazados non sexan máis que unha anécdota. Entre todos. A sociedade, que somos nós.
Actualización: Vaites! e resulta que hoxe é o día mundial do medio ambiente!