Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Unha convocatoria formativa


A semana pasada apareceron polo pobo os carteis. Sabía que se estaba xestando, pero non o resultado definitivo. Sabía que a estrutura política e económica está empurrando a convocatorias como ista, pero non sabía a ónde chegaría nin cándo chegaría a resposta. Xa houbo protestas, e hoxe, en Ribadeo, prantéxase nestes termos:

Pola presente I de Bacharelato do IES Porta da Auga convoca a todo aquel que queira participar nunha xornada de protesta que consistirá nun peche no dito centro con propostas para pasar unha tarde lúdica e reflexiva.

Con este peche queremos dar a entender que as folgas e protestas polos recortes non concernen só aos profesores ou aos equipos directivos xa que nos influen a todos. Por eso, como alumnos, propoñemos unha movilización dos estudantes ribadenses e da poboación en xeral baseado nun peche o día luns 4 de xuño de 2012 a partir das 14:30 ata as 18:30 aproximadamente. 

(Posto que o peche comeza á hora do xantar sería recomendable que cadaquén trouxera consigo comida e bebida para pasa-la tarde.) 

Outra proposta é a de facer unha marcha co tema “ A morte do ensino público” ata o Centro de Saúde de Ribadeo o día mércores 6 de xuño a partir das 12:00. Os carteis e pancartas elaboraranse o lúns 4 de xuño durante a xornada de peche.

(Debido a temática da marcha prégase aos asistentes acudir vestidos de negro simulando o loito. E é necesario asinar os xustificantes dos alumnos menores de idade para poder levar a cabo a saída do centro.)

Agardámosvos. 

Alumnado de I de Bacharelato do IES Porta da Auga.

Relacionado: entrevista a unha alumna.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *