Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Venres


Pasou o 17 de maio, día das letras. Hoxe é 18. Venres. O día da ameaza dende que o Presidente de Goberno adiantou que todos os venres habería novas ‘medidas’.

As dúas fotos de embaixo foron tomadas no último pleno: dende o salón de plenos do concello, a bandeira española, con fondo ribadense, de noite e de día. En ambos casos, desfiachada. Foron tomadas mentras pensaba ‘cánto aguantará? cánto aguantaremos?’

Esta entrada está feita o día anterior. Unha das novas do día: onte 16, a ‘prima de risco’ sobrepasou os 500 puntos, aínda que ó final do día non chegaba a eles.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *