Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ribadeo, onte: tres fotos desiguais


Onte leveime unha sorpresa. Facía tempo que non subía pola aduana vella e atopeime isto:

Como se ve, un graffitti métese mesmo nos vidros das fiestras. Hai máis noutro lateral. Subín pensando que é o que algunha xente entende por arte, o lugar do arte, …

Na fin de semana houbo unha aproximación luar á Terra que foi a maior do ano e mesmo maior que a correspondente doutros anos próximos. Iso fixo que a influenza luar se deixara sentir máis, e onte había mareas que, captadas case no máis alto, sobre as seis da tarde, deron lugar as dúas fotos que poño a continuación, tomadas igual que a anterior por Goyi Gómez:

17:57

Os bloque vénse cubertos ata unha marca difícil de observar outro día, pois ademáis a presión estaba máis ben baixa. Cando comezou a baixar a marea, fíxoo de natural con moita velocidade, e levantouse vento do sur …

18:07

En Mirasol dixeron na última obra que aplanaban o peirao, e así foi. De calquera xeito, vése na foto que a horizontalidade deixa que desexar.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *