Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Curiosidades políticas a voapluma


Onte, nun momento que escoito a tele:

(referencia na miña mente: España é o 3º país de Europa en desigualdade – isto xa o sabía de antes, non saiu onte)

As enmendas do PP á lei do traballo son citadas por ser presentadas fóra de prazo. Decidirá a mesa do congreso sobre se as acepta ou non.

As enmendas de CiU, resaltando unha: que pide o 10% de distribución de dispoñibilidade horaria para a empresa, en troques do 5% disposto.

O resto non aparecen. O recurso ó Consitucional presentado por un letrado por varios puntos sobre o despido non é detallado en absoluto, pero iso si, dise que non retrasará a aplicación da lei …

Que televisión era? Pois xa non me lembro, tan revolto está o cariz das novas e os perfís de presentación das mesmas nos medios …


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *