Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Interviú chega a Ribadeo: da Comarca a Interviú


Xa é unha nova atrasada, aínda que non a vin nos xornais: Interviu esgotouse antonte nos quioscos ribadenses. O motivo, aquí: ‘el cura aristócrata y el misterio de las imágenes perdidas‘.

A dicir que me ensinaron a revista, cunha muller espida de portada, pasando direitamente ás catro páxinas (máis abondantes en texto e fotos que a versión internet) e comprendín que o culebrón non é que chegara a Ribadeo, senón que foi xerado en Ribadeo por alguén que tan pronto di que está enfermo como quere protagonismo de revista sensacionalista. Entre outras cousas. Na revista, imaxes de santos agochadas nas catro páxinas á beira dunha foto onde amosa a súa posición económica para dicir que non lle fan falla as imaxes, ou a mesma foto da entrega das imaxes e demáis en Mondoñedo, nunha revista na que a liña é sexo, cartos, glamour, comidillas de artistas e famosos, … e polo que se ve, o tema entra na liña tanto da publicación como do implicado. Mentras, o pobo é tratado dun xeito moi diferente a como o fai na Comarca. Da Comarca a Interviú. Polo momento.

* coido que é convinte ler algún dos artigos publicados ó respecto por aquí, abondo máis serios que a nova. Como por exemplo, iste.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *