Dende o miradoiro de Calvo Sotelo, no alto do porto deportivo de Ribadeo, chovendo, unha vista da ría cos seus detalles do momento: unha embarcación que entra a todo trapo cara o porto pesqueiro aproveitando a marea, outra que ten que sobrexirar para entrar na zona deportiva, os dous xeradores eólicos instalados a semana pasada, un deles funcionando outro (o peor situado) sen moverse, un vehículo pasando pola ponte, a curiosidade das ondas avanzando en diferentes direccións pola difracción, …