Non facía falta que o dixeran os xornais. Máis tensión, menor protección, peor alimentación, en xeral vida menos saudable … apuntan na mesma dirección. E a cifra máxima que propoñen, 4 000 persoas/ano en España, paréceme pequena, só da orde dun 1% da mortalidade anual. Así, estatísticamente a Ribadeo tocaríalle cousa dunha morte máis ó ano pola crise.
Unha cousa máis pola que pedir responsabilidades ós irresponsables…
Por certo, quen se lembra xa de que hai anos que se está protestando pola leva de servizos no Hospital da Costa, e paseniñamente van caendo?