Leo que vai a haber revisión de horarios dos traballadores do concello … polos mesmos traballadores. En agosto do ano pasado (e antes) xurdira unha polémica pola esixencia de cumprimento de horario feita públicamente por parte do alcalde (golpe na mesa e 2). Parece ser que lles dera varios toques de atención, e logo pasou á opinión ṕública. A continuación, ós poucos días, veu dicir que estaba todo amañado. Comentara eu daquela que podía ‘desamañarse’ rápido, e que o xeito de facelo ía impedir unha resposta doada. Pois agora enterámonos polos xornais dunha xuntanza dos propios afectados e de que o alcalde di que está en conversas con eles, ás que teñen que respostar. É dicir, parece que agora cambiáronse as tornas e son os propios traballadores a quenes non lles importa a difusión pública, mentras o alcalde ten máis claro que ten qe actuar de xeito diferente da vez pasada. E, de fondo, tamén queda claro que o problema de horarios continúa.[Nota posterior: despois de falar con algún empregado do concello, cabe aclarar que, problemas sobre cumprimento aparte, a xuntanza ven xerada pola aplicación das 37,5 horas por orde gubernativa]
Mentras, parece que o encher de información / contrainformación está de moda en Ribadeo. Non só o PSOE se apunta ó carro coa súa nova páxina web, quizáis tentando contrarestar que a presenza mediática do PP é abondo superior (estoume referindo sempre a Ribadeo), senón que parece que as notas do concello se activan cando pode haber unha nova que leve á xente por outra banda, como hoxe, sacando neste caso a nova de que a comisión de urbanismo segue a existir, funcionar e ademáis, se verán próximamente os resultados. Afondando no tema das notas de prensa do concello, unha pequena ollada á web manifesta ás clara que o ritmo de publicación é dunhas 70 notas cada 100 días. Está visto que Ribadeo produce novas municipais a esgalla. Como di o alcalde, aquí trabállase arreo. E a demáis xente imitando ese traballo. O que parece raro é que sigamos sen enterarnos de cousas aparentemente sinxelas como que se vai facer coas vidrieiras.