O teatro do absurdo foi … bo, mellor, na Galipedia. Ó fin, non deixa de ser teatro, e polo tanto, interpretable.
Paso tódalas semanas unhas cantas veces por diante dos edificios que fotografío abaixo. Os dous son públicos, aínda que correspondentes a diferentes administracións. O primeiro ofrece un paso máis nunha seire de atrancos decisións e tonterías que tentarei resumir:
No 1995, o actual Porta da Auga pediu unirse ó actual Gamallo por falta de espazo. A Delegación provincial sacouse o problema de enrriba cunha votación dos claustros. Non me lembro do número total de votos en cada caso pero si das circunstancias. No actual Porta da Auga, todo o claustro votou a favor menos dúas persoas. Xusto o contrario que no actual Gamallo.
Co século, o Porta da Auga adquiriu a condición de Centro Integrado de Formación Profesional. Daquela significaba ser un referente educativo, que entre outras cousas podía facer contratacións externas, coa obriga de ter formación profesional e xeral (ESO e Bac). Xusto o primeiro curso con esa denominación, cambia a normativa e os CIFP foron obrigados a ter só FP. Como resultado, e para non perder a posibilidade que ofrecía o ser CI, o centro dividiuse en IES (para a ESO e Bac) e CI (para FP). Ben, na realidade unha rama de FP quedou no IES porque o considerou así. Para facer a división, instituíronse dous claustros, dúas directivas … quedando de xeito provisional no mesmo edificio, despois de ver a imposibilidade de facer unha división ‘harmónica’. Pero comezou a construírse un edificio de servicios xerais para a emigración das oficinas do CIFP. Quebra a empresa construtora e párase a construcción do novo edificio por anos. A situación, compartindo instalacións, se non insostible, si alomenos non aconsellable. Solución da Delegación? Unir os dous IES de Ribadeo, e facer migrar cara ó edificio do Gamallo persoal e aparataxe do Porta da Auga. Para iso, e dada a vetustez do Gamallo e a necesidade de espazos divididos, obra no edificio do Gamallo coa construcción dunha ala enteira nova sobre os vellos talleres de cando era instituto técnico Rodríguez de Valcárcel. A obra primeiro leva retraso por cuestións burocráticas, logo por tema de cartos e por último, este mesmo curso, no que xa tería que estar funcionando o novo centro resultado da desintegración de Gamallo e Porta da Auga, a empresa construtora quebra. Dende antes de quebrar, o material do antigo laboratorio, mesas robustas, pode verse ocupando unha parte do patio e restando espazo de desfrute ós alumnos do Gamallo… Na foto tamén pode verse un campo de baloncesto inutilizado, á beira esquerda. E un pouco máis á esquerda, non visibles na fotos, os antigos edificios destinados a profesores, agora totalmente abandoados. Por certo, o edificio novo do Porta da Auga está xa case rematado, despois de rebaixárselle alturas (non tiña sentido ningún quedando o CIFP con todas as instalacións dos dous Porta da Auga, dos actuais CIFP e IES). É de supoñer que o próximo curso entre en funcionamento. Continuará.
![]() |
Novo edificio no IES e material abandoado. |
Falta de tempo … esta obra álzase cara ó ceo e foi louvada hai pouco polo alcalde en facebook. Aquí habia un pavillón que funcionaba, aínda que se quedara pequeno. Tamén unha beirarúa que levaba construída menos de seis meses e que desapareceu oa obra.
![]() |
Como nas catedrais, as agullas ó ceo. |
Sempre interpretei mal o teatro do absurdo…