Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Non é que non teña ideas; é que se as explico, perderei as eleccións


A frase, que recollo a traverso de im-pulso, atribúese a Durán i Lleida, pero serviría moi ben para moita outra xente, e alimenta non só unha desconfianza cara á clase política de primeiras e ó sistema como soporte da mesma, senón mesmo intervencións con base diferente como a que mantiven (mantivemos) onte mesmo sobre as esperanzas do 20N en Desmontando tópicos.

Estes días, lendo ‘Mando a distancia’ de Lorenzo Abadía (un libro que me recomendaron, me prestaron e recomendo; aquí, a versión pdf) puiden ver un pouco de teoría sobre representación política e pensar cun pouco máis de profundidade en quen e cómo dirixe a sociedade. E, dentro do que cabe, coido que se pode dicir que o sucedido con Durán é un mal menor, unha cousa de pequenos, unha trastada fronte o funcionamento xeral. A quen lle seguirá parecendo que o 15M son perroflautas e anexos?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *