Atópome cunha cita de Chamfort nun diario de hai xa máis de dous meses. Cita que atopo é aplicable totalmente a día de hoxe, séculos despois de que fora creada. Aí están os derradeiros balbuceos lexislativos do mandato, legalizando (tentando de facelo) cousas en troques de lexitimalas (o que non é posible ó non selo polo pobo).
No mesmo vello xornal atopo ‘interpretar un referendum‘, en relación ó referendo ‘perdido por Berlusconi’, pero cun título que poño en contacto direito coa actualidade en España: a petición dun referendo para un cambio constitucional pedido dende fóra das fronteiras comúns e ó que se lle quere dar tratamento ‘exprés’, preferencia moi por riba doutros cambios negados despois de seren pedidios dende dentro. Interpretar un referendo … dentro de pouco haberá que interpretar ós nosos políticos (ó fin, xa se está a comezar a facer) se non logramos que ‘eles’ interpreten a vontade do pobo e leven a cabo as accións para o noso benestar xeral. Por certo, para que haxa obriga de convocar referendo é necesario 1/10 de congresistas ou 1/10 de senadores, e hai unha campaña para mentalizalos, cos primeiros apontamentos nas filas socialistas, despois de ser defendido por partidos minoritarios.