A conta do publicado onte sobre a Xira, recibín un correo electrónico cunha ligazón a un vídeo de Youtube (hai máis) que deixo a continuación embebido (nunca mellor dito):
O comentario primeiro que fai o remitente, ‘Estiveron cortando o tráfico unha hora sen que aparecese a policia’, e o último, avisando que colgará en Ribadeo mola – youtube vídeos curiosos pode ser unha promesa interesante. A contrastar o vídeo (ou os outros semellantes) coa peza que puxen onte ou as dúas que deixo agora a continuación.
Onte o (mal) tempo de parte da tarde non interfiriu moito na festa, o mesmo que a festa non interferiu moito na praia (a excepción da dos bloques). A diversificación e difusión (de difuso, non de difundir, que tamén) das festas chámame a atención. E non só en Ribadeo.
Hai poucos días traían os xornais a nova de que a metade dos vinteañeiros galegos estivera misturado nalgunha gamberrada … e as festas populares tamén se poden converter en gamberrada.