Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Sinais de cambio?


Despois de longo tempo pedindo que se publiquen na web, que se de ampla difusión ós plenos, tanto antes (para favorecer a asistencia) como despois (para enterar  cidadanía), aparece un pleno claramente difundido na páxina web do concello de Ribadeo:

Ese día quedará constituída a nova corporación:

Pleno o sábado

O vindeiro sábado ás 12 da mañá terá lugar no salón de plenos do Concello a constitución da nova Corporación Municipal e a investidura de Fernando Suárez Barcia como alcalde de Ribadeo.

O rexedor en funcións convida “á cidadanía a acudir a este acto democrático que se desenvolverá o vindeiro 11 de xuño”. Fernando Suárez lembra que “os plenos son públicos e polo tanto todo o que o desexe pode asistir sempre que queira”.

… e dase a circunstancia de que ese pleno non necesita difusión de orde do día, por ser monotemático.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *