Mensaxe en Twitter: Has Spain their Tahrir Place?
Resposta: No, we have our ‘Sun gate’
A percepción do que sucedeu na praza Tahrir con toda seguridade terá matices diferentes para un exipcio e para calquera de nós. Do mesmo xeito, cualificar de Tahrir ó que está sucedendo na Porta do Sol coido que non é exacto, nin por aproximación. E que aínda se verá polas consecuencias, non só electorais, a importancia, unha vez que xa tivo a duración e importancia para pasar a historia. A cousa, a traverso da indignación, dun xeito ou outro continuará: hoxe mesmo, Im-pulso titula unha entrada “Nueve de cada diez ejecutivos encuestados ‘comprenden’ la corrupción“, e mentras que haxa xente que sexa sufridora da mesma en cantidade abondo superior a executora, será unha indicación (entre outras) de que o problema (e a resposta) seguirá.
Mentras a mobilización do 15 de maio pasa á historia, nós estamos lonxe dunha cidade con resposta, e con dificultade para seguila coa participación máis que co sentemento compartido, polo que teremos que conformarnos coa nosa propia historia e tentar aproveitar o xuízo dos demáis.
A propia historia? Enrriba quedan duas táboas e dous gráficos que lles corresponden. A primeira táboa, o número de concelleiros de cada partido nas eleccións municipais de Ribadeo no periodo democrático (entre os que se presentaron; hai algún partido que e presentou e non obtivo concelleiros), e na segunda as porcentaxes que corresponden (sempre houbo 13 concelleiros). Na táboa e gráfico de embaixo, os votos e a procentaxe correspondente (neste caso, ó ser variable o número de votos, sobre a táboa aparecen o número de votos a partidos en cada ano). Obsérvase, unha vez pasada as primeiras eleccións, tres grandes grupos e incidencias particulares. O PSOE é o único que se presentou como tal partido a tódalas eleccións municipais ribadenses, pero en xeral a obtención de máis votos caeu ben no PP ben no BNG. De calquera xeito, pola lei d’Hondt, nótasea diferencia visual entre os gráficos de votos e de cadiras conseguidas por cada agrupación.
Un detalle a considerar é o número de votos a partidos en cada elección e a variación correspondente en votos a cada partido. A interpretación diso déixoa a cada lector ou lectora.
Xusto enrriba, as alcaldías, que non corresponden co número máximo de votos da outra táboa, pois houbo mandatos con maioría absoluta, con maioría relativa (con ou sen coalición) e con minoría coaligada.
Ata aquí, os datos…