Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8 propostas e unha alternativa


Xuntei nun único lugar as catro propostas electorais deste 2011 en Ribadeo cos programas do 2007, e aí están, en publicado en Ribadeo, dispostos para a súa comparación, se alguén quere. [unha nota: algún escaneo pasado non saiu moi ben, se alguén pode subministrar mellores imaxes…]
Claro que, con movementos como o de onte en diversas cidades promovido por democraciarealya, é posible que os programas electorais (¡por fin!) comecen a verse con outra óptica. Que sucedu onte? O ‘Ángel de Olavide‘, Enrique Dans ou Félix Soria poden servir de fiestras ás manifestacións que tiveron lugar pedindo outra política, non o cambio de partido. Mentras, os políticos parecen querer combater a ‘competencia’.
Mentres, aí está a petición de non votar os grandes partidos, ou o que se considera ou non ‘voto útil’.
Un seguemento alternativo, no twitter.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *